O vindeiro 10 de Xuño, as 16:30, tedes unha cita cunha das rutas organizadas máis veteranas de Galicia.
Esperámosvos a todos.
Inscripcións premendo aquí:
“XXI BTT RUTA DO SALMÓN” ó SÁBADO 10 de xuño de 2.017.
Esta marcha non ten carácter competitivo, conta cun percorrido de dúas dúas alternativas de 42 e e 36 kms. e posue un grao de dificultade baixo. Na zona urbana terá un percorrido controlado de 3 km.
A ruta está aberta a todos os afeccionados á bicicleta de montaña con un máximo de 600 participantes (seleccionados por data cronolóxica de inscrición) que teñan cumpridos a 10 de xuño de 2017 os 14 anos. O participante, coa súa sinatura e baixo a súa responsabilidade, recoñece ter a idade esixida para participar na actividade.
A saída da marcha terá lugar ás 16:30 na Zona Polideportiva da Estrada.
As inscricións son a nivel persoal e intransferibles e non poden ser utilizadas por outra persoa distinta a inscrita.
O finalizar o percorrido na Cervexería Eureka da Estrada terá lugar unha comida para todo aquel que participase na proba ou os seus acompañantes por un prezo de 12€ co seguinte menú:
Paella
Churrasco mixto
Postre
Café
Chupitos
Bebida (auga, refrescos viño ou cervexa)
Tracks da ruta:
Track Ruta Longa:
https://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=18102345
Track Ruta Curta:
https://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=18102206
Plano de interese:
Seguimos traballando, presentámosvos a ruta de carretera, A Estrada - Ezaro, que se celebrará o vindeiro de maio.
Todolos interesados en asistir, tedes que formalizar a inscripción no evento mediante o seguinte enlace, que vos dará acceso ó formulario creado para dito fin.
Fotos da II Ruta Infantil celebrada o día 8 de abril de 2017 xa dispoñibles premendo no seguinte enlace.
Recopilación dalgunhas imaxes da II Ruta Popular
Despois do subidón propios do día chega a calma, e con ela tempo para facer balance, anotar acertos, pero sobre todo prestar atención neses detalles que ben seguro pódense mellorar.
Agradecer a todas as persoas que contribuíron a que este domingo, en Sabucedo, puidésemos gozar dunha auténtica xornada de btt. Imposible poder facer mención a todas porque seguro alguén nos quedaría no tinteiro, pero non queremos deixar pasar a oportunidade de dar as grazas aos corredores, que nos brindaron un espectáculo coa súa entrega e esforzo, baleirándose por completo chegando exhaustos á liña de meta.
E que dicir dos socios da Peña ciclista Bikestrada, que grandes sodes!!! Nunca nos cansaremos de repetir que sen vós nada do que facemos sería posible, moitas grazas!!! ?
?
?
Agradecer tamén a confianza depositada en nós ao TeamRelay, á Federación Galega de Ciclismo, o Excmo. Concello da Estrada, Helvetia seguros e a todas as empresas que nos apoian durante todo o ano.
E por último, mención especial para a
Asociación Rapa das Bestas, pola boa predisposición dende o primeiro momento, moitas grazas!!
Seguimos aprendendo...