O Gabinete GADEPA, situado no centro de Pontevedra, rexentado polo preparador físico Paulo de la Fuente, quen veu dar unha charla para o club no ano 2016.
A proba (completa) realizarase en GADEPA, (Pontevedra), constando dun recoñecemento médico cardoivascular, realizado por cardiólogo, con electrocardiografia e ecocardiografía para descartar anomalías do corazón ou arritmias, ou ben realizar a proba sen cardiologo, no cal se obteñen únicamente parámetros de rendemento a nivel deportivo.
Prezos para clubes:
- Completo con cardiologo: 120 €
- Sen cardiologo: 60 €
Para as probas sen cardiólogo cabe a posibilidade de que se desprace aquí, sempre que xuntemos un mínimo de xente.
Habilitamos un formulario na web (cas 2 opcións) para que se anoten todos aqueles que estén interesados en facelo neste centro e despois miramos como organizarnos.
A poder ser trataríamos de facelo no mes de decembro ou no seu defecto en xaneiro.
Días dispoñibles: De luns a venres preferiblemente pola tarde