Xa está aquí a I Ruta Infantil do concello da Estrada. Tedes ata o xoves para inscribiros.

RPI22I

Comeza o día 27 de marzo con celebración da terceira proba da Transgalaica 2022 na Estrada.

Abrese o prazo ordinario de renovación da licenza federativa para o ano 2022. Tes dende o día 22 ó día 28 de decembro para solicitalo dende o menú "Faite Socio / Federado 2022". Fora deste prazo aplicaráse un recargo.

Dende ó día 22 de decembro tamén se poderá facer socio e/ou tramitar novas licenzas federativas para o 2022.

Pasos a seguir para a alta de novos novos socios e instruccións para federarse.

 

1.      Para darse de alta como socio debedes cubrir o formulario habititado na web do club, (ó fondo desta mesma páxina),  aceptando previamente o regulamento interno do club, asi como facer o pago da cuota anual de 30 € na conta do club.

2.    Para a renovación de socios, tan só e preciso cubrir o formulario adxunto o final deste mesmo artigo, e aboar a cuota de 30 € na conta do Club.



Dende o club recomendamos que para a práctica habitual do cliclismo se faga un seguro (responsabilidade civil e médico), ben sexa federativo ou a través dunha entidade particular. As taxas para seguro a través da FGC son as seguintes:

  • ·Taxas Seguro da federación:
    • Consultar taboas da federación premendo aquí:

Unha vez se faga o ingreso da Taxa da federación na conta do club tramitarásevos  a licenza no menor prazo posible, entrando en vigor no momento que esta quede validada pola federación, ainda que estedes a espera da entrega da licenza física (tipo carnet).

3.      Unha vez sexades socios e recomendable que vos logeedes a través da web do club (www.bikestrada.com). Isto serviravos para poder a área privada para socios (Reserva de furgoneta,….)

*Conta do clubAbanca: IBAN ES82 2080 5031 2430 4001 8130

NOTA IMPORTANTE: No concepto da transferencia ou ingreso bancario debedes facer constar sempre o nome e apelidos do socio(e non o doutra persoa a que lle encarguedes facer o ingreso) e se queda espacio poñer seguidamente o motivo do pago (cuota de socio ou taxa federativa según corresponda).

Ante calqueira dubida podedes consultárnola vía email ou ben chamando o teléfono 665 407 068 de Juan Vilariño (Presidente).

O premer o botón que da acceso ó "Formulario" aceptas as normas establecidas polo clube.

Ó premer o botón que da acceso ó "Formulario" aceptas a normativa da LOPD da Peña Ciclista Bikestrada, que establece que tanto os datos como as imaxes proporcionadas a través deste formulario de rexistro serán cedidas á Federación Galega de Ciclismo para a súa incorporación nos seus ficheiros e para a expedición da licenza federativa de 2022, así coma para a xestión interna dos socios da entidade.

Asemade, o botón que da acceso ó "Formulario" aceptas tamén que, segundo establece a normativa da LOPD da Peña Ciclista Bikestrada, os datos proporcionados a través deste formulario de rexistro poderán ser cedidos ós diferentes patrocinadores da entidade únicamente para que estos poidan dar a coñecer e ofertar directamente ós socios da entidade os seus productos e servizos incluídos no convenio de colaboración firmado entre entidade e patrocinador.

 Regulamento interno de Bikestrada

Formulario de Novas Altas e Renovación de Socios:

Abrimos o prazo de primaveira para probar e encargar o novo uniforme JOMA en Aurora Sport. 

UniformeJoma

Segunda edición da liga de BikEstrada en Bkool do 4 de xaneiro ó 7 de Febreiro.

Logo BKOOL

Subcategorías

Todos os artigos relativos a rutas do club.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e todalas aquelas funcións relacionadas coas suas preferencias mediante el análisis dos seus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta o seu uso.Si continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información premendo aqui.

  Acepto as cookies deste sitio.
EU Cookie Directive plugin by www.channeldigital.co.uk