Rutas infantís e populares

Os primeiros sábados dos meses de marzo, abril, maio e xuño, tódos aqueles que queirades compartir connosco unha tarde de puro Mountain Bike,  non dubidedes en asistir connosco as nosas rutas populares. Non precisades ter un gran nivel físico, trátase de rutas de aprendizaxe e iniciación.

A idade mínima recomendada para participar nas rutas populares é de 16 anos.

A distancia a percorrer nas rutas populares é aproximadamente de 20 km.

 

Os máis peques tamén teñen cabida connosco, teremos as rutas infantís os segundos sábados dos meses de marzo, abril, maio e xuño.

A idade mínima recomendada para participar nestas rutas infantís é de 6 anos.

A distancia a percorrer nas rutas infantís, é aproximadamente de 8 km.

Ainda que teremos impresos de autorización no lugar de saída, podedes descargalos dende o seguinte enlace e traelos xa cubertos.

Descargar autorización

E preciso seguir unhas normas de cumprida obrigatoriedade:

- E Obrigatorio o uso do casco.
- Os menores de idade deberán ir acompañados dun adulto, ou no seu defecto contar ca autorización pertinente.

cartel popular infantil

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e todalas aquelas funcións relacionadas coas suas preferencias mediante el análisis dos seus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta o seu uso.Si continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información premendo aqui.

  Acepto as cookies deste sitio.
EU Cookie Directive plugin by www.channeldigital.co.uk