Renovación da Licenza Federativa

Aberto o  prazo ordinario do 22 de decembro ata o 8 de xaneiro para renovar a licenza federativa.

Carné Licencia Federativa

🚨 PRAZO DE RENOVACIÓN

💳 Socio + Licenza Federativa
📆 Prazo: do 22 dec ó 8 xaneiro
ℹ️ Información: http://bit.ly/3ao7997
✅ Alta/Renovación: https://bit.ly/37FqlMz
⚠️ IMPORTANTE‼️Para dispoñer da licenza xa tramitada a día 1 de xaneiro de 2023 o prazo límite para realizar o ingreso será o vindeiro mércores 28 de decembro.

💶 Cota socio: 30 €/ano

💳 Licenza Federativa
Para a vindeira tempada 2023 a FGC estableceu de novo prezos diferentes según se trate dunha renovación (os que xa tivestes licenza en 2022, neste ou noutro clube) ou dunha nova licenza (os que non tivestes licenza en 2022), tal coma se detalla a continuación (o formulario de rexistro informaravos do prezo a pagar segundo o voso caso):

🔄 Prezos Renovacións
⚠️ Ata 28 febreiro 2023
👉🏼 Cicloturista: 105 €/ano
👉🏼 Máster 30-60: 119 €/ano
👉🏼 Élite ou Sub23: 119 €/ano

🆕 Prezos Novas Licenzas
⚠️ Ou renovacións a partir 1 marzo 2023
👉🏼 Cicloturista: 115 €/ano
👉🏼 Máster 30-60: 125 €/ano
👉🏼 Élite ou Sub23: 125 €/ano

🚨⚠️💸 Recargo fóra de prazo: 20 €
En caso de solicitar a renovación da licenza federativa fóra do prazo ordinario establecido (do 22 de decembro ó 8 de xaneiro), aplicarase un recargo de 20 € en concepto de gastos de xestión.

🏦 Abanca: IBAN ES82 2080 5031 2430 4001 8130
💶 Importe:
👉🏼 Non federados: 30 €
👉🏼 Federados: 30 € + licenza (segundo proceda)
🖊 Concepto:
👉🏼 Non federados: "Cota 2023"
👉🏼 Federados: "Cota + Licenza 2023"

🔔⚠️‼️ Non esquezades formalizar a renovación ou nova alta a través do formulario unha vez que realicedes o pagamento correspondente.

⚠️ IMPORTANTE‼️
💻 Sistema de rexistro

🔄 Renovación: basta con introducir o voso DNI para que o sistema recupere os vosos datos e os confirmedes. Non obstante, teredes opción de actualizar algúns datos: enderezo, teléfono e email.

🆕 Novos socios: se escolledes a opción de federarvos e NON seleccionades o tipo de licenza e/ou NON axuntades a foto e/ouas 2 caras do DNI, o sistema NON vos permitirá completar o proceso.

⚠️ IMPORTANTE‼️
📸 Foto na licenza
A normativa da UCI obriga ás federacións nacionais e autonómicas a que no deseño da licenza federativa (dende 2021 só en formato dixital) se inclúa unha fotografía tipo DNI do federado/a.

🔄 Renovación: NON será necesario que a subades de novo, pois o sistema recuperará a que xa subistes anteriormente.

🆕 Novas licenzas: a foto debe cumprir os seguintes requisitos:

👉🏼 Tipo carné.
👉🏼 Con fondo uniforme.
👉🏼 En formato imaxe .jpg ou .png
⚠️ NON servirán en formato .pdf, word, etc; nin tampouco con lentes de sol, casco, gorra, etc.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e todalas aquelas funcións relacionadas coas suas preferencias mediante el análisis dos seus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta o seu uso.Si continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información premendo aqui.

  Acepto as cookies deste sitio.
EU Cookie Directive plugin by www.channeldigital.co.uk