Regulamento interno

Regulamento de réxime interno de Bikestrada

  1. A Peña Ciclista Bikestrada ten como principal obxectivo a práctica e fomento do ciclismo, tanto en montaña como en carretera.

  2. Os socios están obrigados a contribuir a boa imaxe do Club, e promocionar ós seus patrocinadores, e non poderán actuar de xeito que xeren perxuizo, económico ou doutro tipo contra os patrocinadores que sustentan o Club.

  3. As actividades organizadas directamente polo Club, teñen como destinatarios a aqueles socios que se atopen o corrente de pago na súa cuota anual. O Club poderá ademais organizar eventos externos abertos a participación de persoas non asociadas, indicándose tal circunstancia na hora da promoción do evento.

  4. Non será necesaria a confirmación de asistencia por parte dos socios para as actividades ordinarias do Club, salvo que así o determine o responsable da actividade, que poderá solicitar confirmación ou inscrición para coordinar a actividade.

  5. Permitirase a asistencia as saídas dominicais do Club a tódolos interesados, sexan ou non socios.

  6. Para o desenrolo de actividades organizadas con medios do club, deberase avisar a Xunta Directiva (válido o envío de reserva de medios).

  7. Na participación en probas federadas, ou non federadas, organizadas por entes alleos, recoméndase o aviso ó grupo cando sexan empregados e reservados medios do clube propiciando  o coñecemento xeral e a participación de tódolos socios interesados.

  8. As saídas (rutas) organizadas polo Club, poderán ser propostas polos socios e serán recollidas e organizadas nos medios oportunos, (Libros, Wikiloc, etc..), e deberán ser propostas ca suficiente antelación previa a súa realización, empregando para elo o mail do Clube(Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.).

  9. Os participantes, socios e invitados que participen nas rutas e saídas organizadas polo club, deberán seguir as indicacións facilitadas polos integrantes da Xunta Directiva, ou no seu defecto, por aquelas persoas colaboradoras que se presten a axudar nesta tarefa, así como cumprir a normas de saídas en grupo establecidas, facendo especial fincapé naquelas recomendacións sobre materia de seguridade e prudencia.

  10. E de cumprida obrigatoriedade na saídas dominicais programadas polo club nos horarios establecidos, que tódolos socios saian xuntos dende o lugar establecido para o inicio das rutas. Unha vez neste punto si algúns dos socios que estivesen facendo preparación física para algún evento específico, e estimasen necesario para elo facer unha ruta alternativa axeitada ó caso, darán aviso os responsables da saída e coñocemento o resto do grupo por si algún membro estivese interesado en acompañalos.

  11. En atención ó disposto no punto 2 desta normativa, os socios do Club, usaran a equipación oficial  sendo válidas calquera das equipacións existentes, distinguindo os seguintes supostos:

    1. Probas federadas: A propia lexislación federativa establece a obriga do emprego da vestimenta correspondente o club do que o socio é federado.

    2. Probas e rutas non federadas: O club establece que se usará a equipación oficial, exceptuando o caso recollido no apartado 16 - a.

    3. Rutas programadas polo club: Incluiremos nestas, as rutas do calendario de estrada, e a saída dominical en btt, e todas aquelas que sexan anunciadas e programadas polo club, nas cales se deberá empregar a vestimenta oficial.

    Para o cumprimento deste artigo, establecerase un prazo o suficientemente amplo e razonable para que, tanto os novos socios como os existentes que non e non dispoñan de vestimenta do club, poidan adquirila de forma progresiva. Neste sentido, para o caso dun novo socio, establécese que deberá adquirir durante o seu primeiro ano como mínimo unha equipación curta completa (maillot e culotte curto ou no seu defecto un buzo).

  12. É do obrigatorio uso o emprego do casco para participar nas actividades deportivas organizadas polo Club, sexa cal sexa o tipo de percorrido que se realice. Non se permitirá a participación de aqueles membros que non o leven ou o usen de forma inadecuada.

  13. Cando o grupo circule por vías asfaltadas, urbanas e interurbanas, deberanse de cumprir estritamente as normas establecidas na lexislación vixente, “Ley de Tráfico e Código Xeral de Circulación”.

  1. Todos os asistentes as actividades organizadas polo Club terán como compromiso esencial, o respeto a natureza, evitarán todas aquelas actuacións que poidan causar deterioro no medio ambiente e non arroxarán desperdicios.

  2. Co fin de que o Club poida desenrolar as súas actividades, os socios deberán aportar a cuota anual, o importe da mesma e os prazos do pago serán comunicados en cada tempada pola Xunta Directiva.

  3. O feito de ser socio desta entidade non implica que forzosamente o asociado se teña que federar co nome do Club, pola contra, para federarse empregando como Club Bikestrada, é imprescindible ser socio do mesmo e efectuar o pago de ambas taxas.

    1. O socio de Bikestrada que esté suxeito a Federación mediante outra entidade distinta, non ten por qué empregar a equipación do Club nas rutas organizadas por entes alleos a Bikestrada, pero si deberá empregar a equipación do Club nas saídas organizadas por este, segundo o descrito no apatado 11 - c.

    2. O socio e federado de Bikestrada, non está excluido de ser asociado doutra entidade, pero igualmente deberá respetar o exposto no punto 11.

  4. O pago da cuota de socio non inclúe seguro de accidentes nin de responsabilidade civil para os participantes, sendo responsabilidade exclusiva do socio a cobertura dos riscos derivados da práctica da actividade deportiva, e por elo que o Club RECOMENDA a obtención da Licencia da Federación.

  5. Ningún socio poderá ter un comportamento lesivo ou ofensivo contra outros socios, e no caso de facelo, a directiva poderá aplicar o establecido no artigo 20 deste regulamento.

  6. Os medios do Club serán solicitados coa suficiente anterioridade ó seu uso. Para realizar a solicitude de ditos medios empregaranse ÚNICAMENTE os medios dixitais habilitados para tal efecto en www.bikestrada.com.

    1. No suposto de que se solicite un mismo medio do Club por parte de varios socios, terá prioridade SEMPRE o primeiro en facer a solicitude, e por elo que nunca se aceptarán rexistros de solicitude de medios, levados a cabo a través dun medio diferente o telemático.

    2. Se o club dende a súa directiva organiza unha actividade, SEMPRE terá prioridade no uso dos medios,  independentemente das reservas previas realizadas sobre aqueles. Non obstante, a directiva terá a obriga de comunicar ós afectados aquela circunstancia particular.

    3. Os socios que reserven os medios, comunicarán a súa recollida  e entrega, a calquer membro da directiva.

    4. Os socios deberán entregar os medios nas mesmas condicións nas que foron recollidos, e non deixar enseres nin persoais nin desperdicios nos mesmos. A directiva en ningún caso se responsabilizará de perdas, roubos ou extravíos acontecidos.

  7. O incumprimento reiterado deste regulamento pode supor a non renovación como socio en campañas posteriores.

  8. Toda persoa interesada en ser membro do Club, deberá coñecer as normas aquí recollidas, aceptándoas por escrito no momento en que formalice a súa solicitude de renovación ou alta como socio.
  9. Os comunicados ós socios realizanse a través de aplicación mobil TELEGRAM (similar ó wasap), na cal se crea un grupo con tódolos integrantes do club.

 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e todalas aquelas funcións relacionadas coas suas preferencias mediante el análisis dos seus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta o seu uso.Si continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información premendo aqui.

  Acepto as cookies deste sitio.
EU Cookie Directive plugin by www.channeldigital.co.uk