Publicada a primeira remesa de imaxes da TrasGalaica. Nos vindeiros días iremos engadindo todo aquel material do que dispoñamos.

Para visualizalas, premer aquí

Imaxes de Antonio Toribio (Rutas Celtas BTT)

Para visualizalas preme aquí.

Pese a que o tempo non era o ideal, déronse cita na Praza do Concello un montón de rapazes dispostos a disfrutar da bicicleta polos camiños estradenses.

Aquí vos deixamos unhas estampas dos cativos agardando o intre de sair a pedalear e encherse de lama e de diversión.

Ver fotos

 

 

Os primeiros sábados dos meses de marzo, abril, maio e xuño, tódos aqueles que queirades compartir connosco unha tarde de puro Mountain Bike,  non dubidedes en asistir connosco as nosas rutas populares. Non precisades ter un gran nivel físico, trátase de rutas de aprendizaxe e iniciación.

A idade mínima recomendada para participar nas rutas populares é de 16 anos.

A distancia a percorrer nas rutas populares é aproximadamente de 20 km.

 

Os máis peques tamén teñen cabida connosco, teremos as rutas infantís os segundos sábados dos meses de marzo, abril, maio e xuño.

A idade mínima recomendada para participar nestas rutas infantís é de 6 anos.

A distancia a percorrer nas rutas infantís, é aproximadamente de 8 km.

Ainda que teremos impresos de autorización no lugar de saída, podedes descargalos dende o seguinte enlace e traelos xa cubertos.

Descargar autorización

E preciso seguir unhas normas de cumprida obrigatoriedade:

- E Obrigatorio o uso do casco.
- Os menores de idade deberán ir acompañados dun adulto, ou no seu defecto contar ca autorización pertinente.

cartel popular infantil

Non eramos moitos, pero aquí estamos, esperamos que en vindeiras convocatorias o tempo acompañe algo mais, e a xente se anime a unirse o grupo.

IMG 20170304 161048