Gracias por todo

Despois do subidón propios do día chega a calma, e con ela tempo para facer balance, anotar acertos, pero sobre todo prestar atención neses detalles que ben seguro pódense mellorar.

Agradecer a todas as persoas que contribuíron a que este domingo, en Sabucedo, puidésemos gozar dunha auténtica xornada de btt. Imposible poder facer mención a todas porque seguro alguén nos quedaría no tinteiro, pero non queremos deixar pasar a oportunidade de dar as grazas aos corredores, que nos brindaron un espectáculo coa súa entrega e esforzo, baleirándose por completo chegando exhaustos á liña de meta.

E que dicir dos socios da Peña ciclista Bikestrada, que grandes sodes!!! Nunca nos cansaremos de repetir que sen vós nada do que facemos sería posible, moitas grazas!!! ???

Agradecer tamén a confianza depositada en nós ao TeamRelay, á Federación Galega de Ciclismo, o Excmo. Concello da Estrada, Helvetia seguros e a todas as empresas que nos apoian durante todo o ano.

E por último, mención especial para a 
Asociación Rapa das Bestas, pola boa predisposición dende o primeiro momento, moitas grazas!!

Seguimos aprendendo...

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e todalas aquelas funcións relacionadas coas suas preferencias mediante el análisis dos seus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta o seu uso.Si continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información premendo aqui.

  Acepto as cookies deste sitio.
EU Cookie Directive plugin by www.channeldigital.co.uk