♾ BKOOL BikEstrada
? Liga virtual interactiva
??♂️ Rodillo contra a pandemia ?
Coas saídas dominicais e o resto de actividades grupais suspendidas cautelarmente pola pandemia, gustaríanos tentar dinamizar o clube coas ligas virtuais interactivas de BikEstrada a través do simulador online BKOOL.
? En que consistirán as ligas?
?? O clube creará unha serie de ligas para tódolos socios.
?? Cada liga constará de varias etapas, que os socios poderán realizar libremente dentro do período habilitado para facelas.
?? Cada liga contará con distintas clasificacións: sprints, montaña, etapa, xeral final.
?? Trátase dunha actividade lúdica que cada socio pode afrontar ó ritmo que considere axeitado, sendo a clasificación unha parte máis do xogo e non un obxectivo en si mesmo.
? Cando comezará a primera liga e como serán as etapas?
?? A primeira liga comezará mañá luns 30 de novembro e durará 5 semanas.
?? A primera liga constará de 5 etapas a razón de 1 etapa por semana.
?? Cada socio poderá facer as etapas o día/hora da semana que mellor se adapte ás súas preferencias e dispoñibilidade e o número de veces que desexe.
?? O clube marcará un día/hora da semana para que os socios interesados poidan realizala en grupo en tempo real.
? Como podo participar nas ligas BKOOL de BikEstrada?
⚠️ Simplemente tes que solicitar unirte ó grupo "BikEstrada" na plataforma online de BKOOL.
ℹ️ Máis información:
PDF no que se explica máis detalladamente a actividade.
? BKOOL: https://www.bkool.com/es