Convacatoria electoral e censo de asociados

ANUNCIO DE CONVOCATORIA DE ELECCIÓNS Á PRESIDENCIA DA P.C. BIKESTRADA

*De conformidade co previsto no artigo 10 dos Estatutos e segundo se informou na última asemblea xeral celebrada con data 21/02/2020, convoco eleccións á Presidencia da “PEÑA CICLISTA BIKESTRADA”.

Convocadas eleccións no día de hoxe, 29 de agosto de 2.020, queda publicada na web do club a lista co Censo Electoral (listado de electores e elixibles). Serán electores e elixibles tódolos socios de número que se encontren ó corrente de pago das cotas sociais establecidas.
Establécese un prazo de 7 días hábiles, ata o 9 de setembro de 2.020, para presentar calquera reclamación sobre o censo (mediante e-mail a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.). Resoltas estas reclamacións e dando por firme o Censo Electoral, non se poderán realizar impugnacións de ningún tipo referidas ó mesmo.

O prazo para presentar candidaturas será dende o día 30 de agosto do ano en curso ata o día 17 de setembro do mesmo ano. Para poder presentar unha candidatura a Presidente, é necesario formar parte do Censo Electoral.

A comunicación da candidatura farase por escrito dirixido á actual Directiva mediante envío postal ó domicilio social do club (C/Virxinia Pereira no 4, 36680 A Estrada - PONTEVEDRA) ou mediante e-mail (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.), quen procederá a súa publicación na páxina web do club, para poñela en coñecemento de tódolos membros do club.

As eleccións terán lugar o venres 18 de setembro de 2.020, na ASAMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA que se celebrará en primeira convocatoria ás 20.00 h e, en segunda convocatoria, ás 20.30 h, no interior do Pavillón Municipal Polideportivo Manuel Coto Ferreiro, Rúa da Cultura no 10, 36680 A Estrada, ca seguinte orde do día:

Punto 1 .- Presentación das candidaturas a presidencia.

Punto 2 .- Votación presencial e elección do Presidente.

Punto 3 .- Proclamación do Presidente.

A mesa electoral estará formada polo de maior e menor idade dos presentes.

No caso de existir unha soa candidatura, non será preciso celebrar votacións, proclamándose Presidente o candidato único o día fixado para a votación.

 

Un vez sexa proclamado o presidente, e de acordo ó apartado segundo do artigo 12 dos estatutos, o presidente nomeará ós membros da xunta directiva, debendo dar conta diso na primeira Asemblea Xeral que se celebre.

Dende este mesmo momento, a Xunta Directiva actual exercerá os seus cargos en funcións ata a elección do novo Presidente.

As accións da Xunta Directiva estarán limitadas ós actos necesarios e imprescindibles para o mantemento das actividades normais do club e ó cumprimento das obrigas económicas do mesmo.

 

Convocatoria (pdf)

Lista del censo electoral (pdf)

 

A Estrada, a 29 de Agosto de 2020

 

 

 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e todalas aquelas funcións relacionadas coas suas preferencias mediante el análisis dos seus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta o seu uso.Si continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información premendo aqui.

  Acepto as cookies deste sitio.
EU Cookie Directive plugin by www.channeldigital.co.uk