Estudio Biomecánico

REALIZACIÓN DE ESTUDIOS BIOMECÁNICOS PARA SOCIOS EN A ESTRADA
Nas últimas semanas xurdiu a oportunidade de traer á Estrada a través do clube a unha empresa de Carballo que se adica a realización de estudos biomecánicos: Pedalea Bien (pedaleabien.com).
 
As súas tarifas son de 140 €/1bicicleta e 160 €/2bicicletas facéndoo nas súas instalacións de Carballo, pero chegouse a un acordo con eles para que veñan ata A Estrada se conseguimos xuntar un grupo de socios e que nos fagan tamén un importante desconto nas súas tarifas en función do número de persoas que formen o grupo:
 
* 4 ou máis socios: 110 €/1bicicleta e 130 €/2bicicletas
* 15 ou máis socios: 100 €/1bicicleta e 120 €/2bicicletas
 
Cónstanos que hai xa 11 socios interesados, polo que estaríase moi preto de alcanzar ese mínimo de 15 socios que nos permita beneficiarnos do mellor precio ofertado.
 
Importante:
 
* Os estudos levaríanse a cabo os sábados pola mañán e pola tarde (estase valorando a posibilidade de amplialo tamén ós domingos en función do número de persoas que o soliciten).
 
* Os biomecánicos adicarán a cada socio 2 horas como mínimo, polo que atenderán a tan só 4/5 persoas ó día.
 
* Os estudos comenzarán o vindeiro sábado 4 de novembro (pendente de confirmación, xunto co lugar).
 
* O prazo de inscripción remata o vindeiro venres 3 de novembro.
 
* As citas asignaránse por rigurosa orde de inscripción.
 
Formulario de inscripción:
 
 
Adxuntamos un dossier onde explican detalladamente en qué consiste o seu estudo biomecánico e tamén a oferta de prezos que nos realizaron: