IMPORTANTE, OS NENOS SO PODERÁN PARTICIPAR NO CASO DE TER CUBERTO O SEGUINTE FORMULARIO:
Cubrir formulario de autorización.
III Ruta Infantil, organizada polo Concello da Estrada, en colaboración con Bikestrada.
A saída terá lugar as 16:30 o día 30 de setembro na Praza do Concello da Estrada.
A ruta terá unha duración de aproximadamente dúas horas, pero sempre supeditada o ritmo que impoñan os nenos.
Contaremos ca furgoneta do club que fará asistencia no caso de ser preciso.
A ruta terá un nivel de dificultade baixo, pero os rapaces deberán cumprir varios requisitos:
- Idade mínima de participación, 6 anos.
- E imprescindible o uso do casco por parte dos nenos, de non posuir casco, non poderán participar na proba.
- Non se permitirá a participación de nenos que utilizen sistemas de axuda na bicicleta, como ruedíns.
- Os páis/nais ou titores legais, deberán cubrir o formulario electróncio desta páxina web, no caso de non facelo poderanse inscribir o mismo día da proba, sendo requisito indispensable para a participación na mesma.