Asociarme

Os pasos para ser socio e/ou federado son os seguintes:

1.      Para darse de alta como socio debedes cubrir o formulario habititado na web do club, (ó fondo desta mesma páxina),  aceptando previamente o regulamento interno do club, asi como facer o pago da cuota anual de 20 € na conta do club.

2.      Para federarvos debedes enviar unha copia do vos DNI (por ambas caras)  o email do club Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. e facer o pago da taxa correspondente.

Dende o club recomendamos que para a práctica habitual do cliclismo se faga un seguro (responsabilidade civil e médico), ben sexa federativo ou a través dunha entidade particular. As taxas para seguro a través da FGC son as seguintes:

  • ·Taxas Seguro da federación:
    • ·Cicloturista: Taxa de 88 €. Recomendado para participar en probas non competitivas.
    • ·No caso de que vaiades a participar a probas competitivas (Open da Federacion, Transgalaica, Master de carretera,…) teredes que federarvos nas seguintes modalidades segundo vos corresponda:

-        Master (se pasades dos 30 anos): Taxa 2017 de 100 €

-        Elite (de 24-30 anos) e Sub-23:Taxa 2017 de 107 €

Unha vez se faga o ingreso da Taxa da federación na conta do club tramitarásevos  a licenza no menor prazo posible, entrando en vigor no momento que esta quede validada pola federación, ainda que estedes a espera da entrega da licenza física (tipo carnet).

3.      Unha vez sexades socios e recomendable que vos logeedes a través da web do club (www.bikestrada.com). Isto serviravos para poder a área privada para socios (Reserva de furgoneta,….)

*Conta do clubAbanca: IBAN ES82 2080 5031 2430 4001 8130

Nota importante: No concepto da transferencia ou ingreso bancario debedes facer constar sempre o nome e apelidos do socio(e non o doutra persoa a que lle encarguedes facer o ingreso) e se queda espacio poñer seguidamente o motivo do pago (cuota de socio ou taxa federativa según corresponda).

Ante calqueira dubida podedes consultárnola vía email ou ben chamando o teléfono 665 407 068 de Juan Vilariño (Presidente) ou ó 637 84  46 64 de Javier Ramos (Vicepresidente).

 

 

REGULAMENTO INTERNO “BIKESTRADA”

Presentámosvos o regulamento de réxime interno de "Bikestrada", acompañado do formulario para actualización de datos dos antigos socios, así como de incorporación dos mesmos nas novas altas.

  1. A Peña Ciclista Bikestrada ten como principal obxectivo a práctica e fomento do ciclismo, tanto en montaña como en carretera.

  2. Os socios están obrigados a contribuir a boa imaxe do Club, e promocionar ós seus patrocinadores, e non poderán actuar de xeito que xeren perxuizo, económico ou doutro tipo contra os patrocinadores que sustentan o Club.

  3. As actividades organizadas directamente polo Club, teñen como destinatarios a aqueles socios que se atopen o corrente de pago na súa cuota anual. O Club poderá ademais organizar eventos externos abertos a participación de persoas non asociadas, indicándose tal circunstancia na hora da promoción do evento.

  4. Non será necesaria a confirmación de asistencia por parte dos socios para as actividades ordinarias do Club, salvo que así o determine o responsable da actividade, que poderá solicitar confirmación ou inscrición para coordinar a actividade.

  5. Permitirase a asistencia as saídas dominicais do Club a tódolos interesados, sexan ou non socios.

  6. Para o desenrolo de actividades organizadas con medios do club, deberase avisar a Xunta Directiva (válido o envío de reserva de medios).

  7. Na participación en probas federadas, ou non federadas, organizadas por entes alleos, recoméndase o aviso ó grupo cando sexan empregados e reservados medios do clube propiciando  o coñecemento xeral e a participación de tódolos socios interesados.

  8. As saídas (rutas) organizadas polo Club, poderán ser propostas polos socios e serán recollidas e organizadas nos medios oportunos, (Libros, Wikiloc, etc..), e deberán ser propostas ca suficiente antelación previa a súa realización, empregando para elo o mail do Clube(Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.).

  9. Os participantes, socios e invitados que participen nas rutas e saídas organizadas polo club, deberán seguir as indicacións facilitadas polos integrantes da Xunta Directiva, ou no seu defecto, por aquelas persoas colaboradoras que se presten a axudar nesta tarefa, así como cumprir a normas de saídas en grupo establecidas, facendo especial fincapé naquelas recomendacións sobre materia de seguridade e prudencia.

  10. E de cumprida obrigatoriedade na saídas dominicais programadas polo club nos horarios establecidos, que tódolos socios saian xuntos dende o lugar establecido para o inicio das rutas. Unha vez neste punto si algúns dos socios que estivesen facendo preparación física para algún evento específico, e estimasen necesario para elo facer unha ruta alternativa axeitada ó caso, darán aviso os responsables da saída e coñocemento o resto do grupo por si algún membro estivese interesado en acompañalos.

  11. En atención ó disposto no punto 2 desta normativa, os socios do Club, usaran a equipación oficial  sendo válidas calquera das equipacións existentes, distinguindo os seguintes supostos:

    1. Probas federadas: A propia lexislación federativa establece a obriga do emprego da vestimenta correspondente o club do que o socio é federado.

    2. Probas e rutas non federadas: O club establece que se usará a equipación oficial, exceptuando o caso recollido no apartado 16 - a.

    3. Rutas programadas polo club: Incluiremos nestas, as rutas do calendario de estrada, e a saída dominical en btt, e todas aquelas que sexan anunciadas e programadas polo club, nas cales se deberá empregar a vestimenta oficial.

Para o cumprimento deste artigo, establecerase un prazo o suficientemente amplo e razonable para que, tanto os novos socios como os existentes que non e non dispoñan de vestimenta do club, poidan adquirila de forma progresiva. Neste sentido, para o caso dun novo socio, establécese que deberá adquirir durante o seu primeiro ano como mínimo unha equipación curta completa (maillot e culotte curto ou no seu defecto un buzo).

  1. É do obrigatorio uso o emprego do casco para participar nas actividades deportivas organizadas polo Club, sexa cal sexa o tipo de percorrido que se realice. Non se permitirá a participación de aqueles membros que non o leven ou o usen de forma inadecuada.

  2. Cando o grupo circule por vías asfaltadas, urbanas e interurbanas, deberanse de cumprir estritamente as normas establecidas na lexislación vixente, “Ley de Tráfico e Código Xeral de Circulación”.

  1. Todos os asistentes as actividades organizadas polo Club terán como compromiso esencial, o respeto a natureza, evitarán todas aquelas actuacións que poidan causar deterioro no medio ambiente e non arroxarán desperdicios.

  2. Co fin de que o Club poida desenrolar as súas actividades, os socios deberán aportar a cuota anual, o importe da mesma e os prazos do pago serán comunicados en cada tempada pola Xunta Directiva.

  3. O feito de ser socio desta entidade non implica que forzosamente o asociado se teña que federar co nome do Club, pola contra, para federarse empregando como Club Bikestrada, é imprescindible ser socio do mesmo e efectuar o pago de ambas taxas.

    1. O socio de Bikestrada que esté suxeito a Federación mediante outra entidade distinta, non ten por qué empregar a equipación do Club nas rutas organizadas por entes alleos a Bikestrada, pero si deberá empregar a equipación do Club nas saídas organizadas por este, segundo o descrito no apatado 11 - c.

    2. O socio e federado de Bikestrada, non está excluido de ser asociado doutra entidade, pero igualmente deberá respetar o exposto no punto 11.

  4. O pago da cuota de socio non inclúe seguro de accidentes nin de responsabilidade civil para os participantes, sendo responsabilidade exclusiva do socio a cobertura dos riscos derivados da práctica da actividade deportiva, e por elo que o Club RECOMENDA a obtención da Licencia da Federación.

  5. Ningún socio poderá ter un comportamento lesivo ou ofensivo contra outros socios, e no caso de facelo, a directiva poderá aplicar o establecido no artigo 20 deste regulamento.

  6. Os medios do Club serán solicitados coa suficiente anterioridade ó seu uso. Para realizar a solicitude de ditos medios empregaranse ÚNICAMENTE os medios dixitais habilitados para tal efecto en www.bikestrada.com.

    1. No suposto de que se solicite un mismo medio do Club por parte de varios socios, terá prioridade SEMPRE o primeiro en facer a solicitude, e por elo que nunca se aceptarán rexistros de solicitude de medios, levados a cabo a través dun medio diferente o telemático.

    2. Se o club dende a súa directiva organiza unha actividade, SEMPRE terá prioridade no uso dos medios,  independentemente das reservas previas realizadas sobre aqueles. Non obstante, a directiva terá a obriga de comunicar ós afectados aquela circunstancia particular.

    3. Os socios que reserven os medios, comunicarán a súa recollida  e entrega, a calquer membro da directiva.

    4. Os socios deberán entregar os medios nas mesmas condicións nas que foron recollidos, e non deixar enseres nin persoais nin desperdicios nos mesmos. A directiva en ningún caso se responsabilizará de perdas, roubos ou extravíos acontecidos.

  7. O incumprimento reiterado deste regulamento pode supor a non renovación como socio en campañas posteriores.

  8. Toda persoa interesada en ser membro do Club, deberá coñecer as normas aquí recollidas, aceptándoas por escrito no momento en que formalice a súa solicitude de renovación ou alta como socio.

Preme aquí para acceder o formulario: