Formulario de novas altas e renovación de socios

O link do formulario atópase abaixo, pero antes unhas notas aclaratorias:

Sistema rexistro actualizado

No caso de renovación, basta con introducir o voso DNI para que o sistema recupere os vosos datos da base de datos do club, de xeito que non os teñades que introducir cada ano novamente durante o proceso de renovación. Non obstante, teredes opción de actualizar algúns datos: enderezo, teléfono e email.

Como novidade, se escolledes a opción de federarvos e NON seleccionades o tipo de licenza e/ou non axuntades a foto, o sistema non vos permitirá completar o proceso.

Foto na licenza

Dende a tempada 2020 a normativa da UCI obriga ás federacións nacionais e autonómicas a que no deseño da licenza federativa (a partir de 2021 só en formato dixital, xa non haberá licenza física) se inclúa unha fotografía tipo DNI do federado/a.

Renovación: NON será necesario que a subades de novo, pois o sistema empregara a que xa subistes o ano pasado.

➡️ Primeira expedición: a foto debe cumprir os seguintes requisitos (non poderedes completar a solicitude se non a axuntades):

  • Tipo carné.
  • Con fondo uniforme.
  • En formato imaxe .jpg ou .png .
  • NON servirán en formato .pdf, word, etc; nin tampouco con lentes de sol, casco, gorra, etc.

Formulario:

Formulario de novas altas e renovación de socios

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e todalas aquelas funcións relacionadas coas suas preferencias mediante el análisis dos seus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta o seu uso.Si continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información premendo aqui.

  Acepto as cookies deste sitio.
EU Cookie Directive plugin by www.channeldigital.co.uk